Proxecto

A primeira liña de actuación da CEL Carballeda de Avia é a colocación de instalacións solares fotovoltaicas de autoconsumo colectivo. Estas instalacións subministrarán electricidade ás vivendas membros da Comunidade Enerxética que se atopen a 2 quilómetros de distancia.

A enerxía producida servirá para reducir a factura das familias situadas nas inmediacións das instalacións de autoconsumo colectivo e que desexen incorporarse á Comunidade Enerxética. O aforro económico é de arredor do 30 % de media na factura eléctrica.

Célula de almacén industrial

Esta instalación colocarase na cuberta da nave municipal situada na rúa Lodairo, 2, Carballeda de Avia.

60

fogares beneficiarios (aproximadamente)

102 kW

capacidade de potencia solar fotovoltaica

115 MWh

ao ano de produción enerxética

29 t CO₂

evitadas ao ano

Célula concello - Vivenda comunitaria

Esta instalación colocarase na cuberta do Concello e vivenda comunitaria situada na rúa Castelao, 4, Carballeda de Avia.

20

fogares beneficiarios (aproximadamente)

61 kW

capacidade de potencia solar fotovoltaica

42 MWh

ao ano de produción enerxética

11 t CO2

evitadas ao ano

A túa localización está dentro da zona?

Mírao aquí!

Aínda que a zona abrangue case toda a zona urbana, lamentablemente hai unha pequena parte que queda excluída pola limitación de 2.000 metros imposta polo Real Decreto 244/2019. + info